INICIO                        PINTURA    LITERATURA    POESIA    MUSICA    FOTOGRAFIA    ESCULTURA    CINE

  LINGUAXEIRO  
     
  SENTA AÍ  
 

 

José María Máiz Togores

Escritor y Poeta

 

 
 

4.- Non quero que me fales deste xeito. O meu corpo ule a primaveira. O correcto é primavera. Xa temos ó profesor na horizontal. A ver se deixas o teu xeito de correxir todo o que eu digo. Bien. Perdóname. No lo volveré a hacer. Es que me da envexa o teu cheiro fresco e novo. Ti, en tempos pasados, eras coma min. Non? Certo, pero xa non o lembro. Mis recuerdos se pierden nunha lea de imaxes confusas e obscuras. Todo cheira a naftalina. Pero o teu corpo é diáfano, limpo e cun recendo que da vida a calquera morto. Gústame que me digas iso. Excítame. Xa soamente queda que os nosos corpos sexan un so. Y cuándo se producirá esa conjunción de pieles? Cando ti queiras. O primeiro que tes que facer é espertar e achegarte á miña casa. O amor ten que estar cerca para bebermos as nosas suores mutuas. E nese instante, cando as mans estaban a piques de seren unha, o escravo do reloxo soou cun estrépito que case mata o meu soño.

 

(14-6-2017)
José María Máiz Togores
Linguaxeiro
JMMT

 
 

 

 
     
 

3.- Son  a mesma de onte. Aquela que tí coñeciches nunha rúa de Compostela cando chovía os sete mares e ti collíchesme do brazo e metíchesme debaixo do teu paraugas. No recuerdo eso. Creo que te confundes con otro, con mi alter ego. Será co teu outro ego, home de pouca memoria. E cando xuntamos os nosos beizos, sen ter intercambiado unha soa verba na praza do Obradoiro, baixo os soportáis do concello? Non lembro iso. Sigo pensando que me confundes. Eu teño unha memoria prodixiosa. Para o que queres. Pero quen fala? Ela? Ti? Eu? Soamente sei que nestes momentos o meu desexo máis fervente é sentar canda ti e que me fales dos teus tempos amarelos. Yo todavía no tengo tiempos amarillos. Soy muy joven. Linguaxeiro erguera da cama cos ollos cheos de legañas e unha ringleira de bágoas baixando pola faciana. Unha pinga caeu no café e cando lle deu un grolo soou o móbil. Son eu. Estou abaixo e espérote con verdadeira ansia.

José María Máiz Togores
Linguaxeiro
JMMT

 
     
 

2.- Lémbraste daquel sacerdote que, cando nenos, ou mozos máis ben xa, nos dicía cheo de vaidade que el baile era una manifestación vertical de un deseo horizontal? Cantas veces eu bailei contigo! Canta! Mais todas elas en soños. Endexamais corpo a corpo. Endexamais sentindo o pulo das túas veas na miña pel. E chorei a fío moitas noites desexando que a realidade superara por unha vez a ficción nocturna. Pero... nadiña! Ti sempre en soños. Coma esa pantasma que tiña diante, e non podía tocala, o pobre Cuasimodo nesa torre da igrexa de Nuestra Señora de París. Eu quero ser a túa realidade, te gritaba en poluciones nocturnas repletas de lágrimas interminables. Y tú me volvías la espalda mostrándome a certeza dun desprezo que eu non entendía. Non é desprezo, dicíasme mentres te preparabas un café espida y voluptuosa. Y yo, inocente y pulcro de sexo, rogaba a Dios que me dejaras acariciar tus senos. Y otra vez la espalda. Esta vez nunha cociña que non era mía e que cheiraba a soidade e miseria humana. Lémbraste? Pois aínda quero bailar contigo.


José María Máiz Togores
Linguaxeiro
JMMT

 
     
 

1.- Senta aí, nese faladoiro. Temo as túas verbas. Tranquilo. Lo único que voy a hacer es aclararte quién soy yo. Ti? Iso queres? Pero se levamos falando anos. No voy a saber quién eres tú! Son a túa sombre moral. Soy quién te va a decir en este recuncho que non sexas teimudo e que abras a túa mente a tu verdad. Estásme dicindo que minto, que son un argalleiro? No. Tranquilo. Lo único que te digo es que desde esta fiestra de papel vouche xulgar con agarimo. Ya estamos! Otro que loita pola perfección! Déixame que invente como calquera boubante, como calquera home de carne y hueso. Non. A xente non minte. Non? E cando me contaches que tiveches unha relación con…? Iso foi verdade! Deixemos fuxir o tempo. O pasado fere e non quero que sexa un obstáculo entre nosotros. Acordamos dicir sempre a verdade? Acordamos. Espero as túas verbas. (5-5-2017)


José María Máiz Togores JMMT



 
 
_______________________________________
 
 

 

 

 

 

 
.....   .....